Unha dieta proteinada é unha dieta non equilibrada (intencionalmente non equilibrada) con restrición importante de hidratos de carbono e suplementación con proteínas de elevado valor biolóxico, vitaminas e minerais. Imos explicar un pouco todo esto.
Realmente hai moitas dietas con restrición severa de hidratos de carbono e cada certo tempo sae unha nova ao mercado, que pretende ser nova, pero en realidade é unha variante deste tipo de dieta restritiva; as máis coñecidas son a dieta do Dr. Atkins e a Dieta Dukan. Ningunha delas se debe aplicar sen un seguimento por un especialista, e agora explicamos por qué.
Certamente conseguen resultados rápidos de perda de peso, e por eso mesmo teñen gañado moita popularidade; o problema que moitos descoñecen é que, sen un control médico especializado, este tipo de dietas pode ter consecuencias graves. Pásalle como a algúns tratamentos: poden ser moi útiles, pero en mans de persoas non cualificadas poden ter resultados desastrosos.
Ca restrición severa de hidratos de carbono o que se promove é a metabolización de graxas e proteínas. O das graxas parece de entrada moi interesante; o seu metabolismo habitual, con esa restrición de hidratos de carbono, modifícase e increméntase a vía metabólica dos corpos cetónicos (por eso estas dietas son cetoxénicas). ¿É esto bo? Ten unha utilidade, i é que provoca unha diminución do apetito; por eso algúns pacientes se ven sorprendidos de que poidan levar unha restrición calórica tan importante sen notar moita fame.
Pero poder aparecer outras consecuencias: prodúcese unha seria perda de auga (por eso hai que beber moito) e de eleutrolitos; destes últimos o que máis problema pode ocasionar é a perda de potasio, xa que pode aparecer unha baixada seria deste elemento e as consecuencias serían graves, por exemplo trastornos do ritmo cardíaco. Esta é a razón pola que hai que suplementar con aportes axustados de potasio e facer analíticas de control; facer este tipo de dietas sen un seguemento analítico é certamente temerario.
Ademais, ao ser unha dieta non equilibrada, é deficitaria en vitaminas, que hai que suplir.
¿E qué pasa coas proteínas? Con este tratamento o organismo bota man das proteínas; así como nos parecía ben que utilizase as graxas, non é tan bo que o faga cas proteínas. Por eso hai que suplementar con proteínas, e deben ser proteínas ben asimilables (o que se denomina “de elevado valor biolóxico”). É por esto que falamos de “dietas proteinadas”, porque conteñen un aporte especial de proteínas deste tipo. Por certo, é temerario usar produtos proteicos dos que se venden en ximnasios, herboristerías, supermercados, etc., porque non están sometidos a control sanitario específico.
Concluimos que unha dieta con restrición de hidratos de carbono e suplementos proteicos e vitamínico-minerais pode ser útil se se fai un seguimento profesional rigoroso: é un tratamento médico. E para empezar, esto implica facer unha historia e unha analítica específica previa e un seguemento clínico e analítico rigoroso.
Dieta proteinada: ¿cando está contraindicada?
Un tratamento deste tipo require unha pregunta inicial fundamental: ¿cando está contraindicada unha dieta deste tipo? Porque non todo o mundo a pode ou debe facer.
Non deben facela os pacientes que reciben algún tipo de medicamentos, como os antidepresivos; tampouco os que teñen problemas cardíacos, renais ou hepáticos ou os diabéticos tipo 1.
Dieta proteinada; ¿que pacientes se poden beneficiar dela?
- Os que teñen unha obesidade marcada.
- Os que teñen fracasado con outro tipo de dietoterapia.
- Os que percisan unha redución rápida de peso.
- A diabetes tipo 2 non é contraindicación, pero si a tipo 1 (noutro momento falaremos da diabetes).
Tódolos pacientes deben saber que esta dieta é unha axuda importante para empezar, pero non é a dieta ca que se van quedar; terá unha duración limitada e continuará cunha dieta equilibrada, esta non a é, na que se irá seguindo de forma progresiva para evitar, entre outras cousas, o efecto rebote. Por eso é importante integrala nun tratamento dietético integral a longo prazo que inclúa modificación estable dos hábitos alimentarios.
Dr. Xesús Manuel Suárez, médico Endocrino