Selecciona tu idioma
Clínica Suárez somos o único centro médico de Galicia que integra as especialidades de Endocrinoloxía, Nutrición e Medicina Estética.
As nosas instalacións, situadas no mesmo corazón da cidade de Ourense, proporcionan aos nosos pacientes o máximo confort e unha privacidade óptimos.
Clínica Suárez está dirixida polo Doutor Xesús Manuel Suárez García, quen conta con máis de 35 anos de experiencia ao servizo da cidade de Ourense.
Así mesmo, contamos cun equipo profesional multidisciplinar altamente cualificado, que se mantén á vangarda dos avances que se producen en medicina estética, e recibe formación continuamente; iso permítenos ofrecer os tratamentos máis innovadores e eficaces, xa que incorporamos todas aquelas técnicas, produtos e equipos médicos que de verdade son eficaces para obter resultados reais e evidentes. Por todo iso somos os máis recomendados.
CLÍNICA SUÁREZ EN OURENSE
O obxetivo dos tratamentos de medicina estética que ofrecemos en Clínica Suárez en Ourense é frear o paso do tempo e minimizar os signos da idade que máis preocupan aos pacientes que nos visitan.
Saber más
Na nosa clínica contamos cos servizos do Dr. Suárez, experto en endocrinoloxía e nutrición. Dentro dos nosos servizos diagnosticamos e tratamos problemas hormonais, metabólicos, diabetes...
Más info
En Clínica Suárez traballamos para ofrecer aos nosos clientes sempre os tratamentos máis innovadores dentro do sector da endocrinoloxía, a nutrición e a medicina estética en Ourense.
É por iso que na actualidade contamos con:
Clínica Suárez somos un centro recomendado por Multiestética.
Samana
"Fun á Clínica Suárez por consello dun familiar para tratar unha asimetría das miñas cellas moi visible e que me provocaba certo complexo. Tras varias sesións con neuromoduladores, quedei francamente satisfeita co resultado. Ademais, o trato é moi profesional á vez que próximo. Sen dúbida recomendaría ao doutor Suárez a todas as miñas amizades e familiares."
Rutzbia
"Doutor moi claro ao explicar os tratamentos e os obxetivos para alcanzar. Resultado súper natural. O equipo da clínica moi próximo, profesional e amigable."
Montse Rodriguez
"Profesionais, próximos, un trato excelente, seguimento en todo momento... o centro e o seu equipo excelentes profesionais e mellores persoas"
Fany
"Moi satisfeita, coa atención e co tratamento. Moi amables e atentos sempre. Realmente interésanse pola miña comodidade e benestar durante todo o proceso."
Ara
"A atención foi moi satisfactoria. Quedeime encantada coa profesionalidade e o bo trato."
Carlos
"Excelente profesional, o cal ademais mostra unha gran empatía, preocupándose por todos os aspectos posibles que poida necesitar o paciente."
Facebook
Instagram
Financiado por la Unión Europea - NextGenerationEU. Sin embargo, los puntos de vista y las opiniones expresadas son únicamente los del autor o autores y no reflejan necesariamente los de la Unión Europea o la Comisión Europea. Ni la Unión Europea ni la Comisión Europea pueden ser consideradas responsables de las mismas.