Tratamentos de endocrinoloxía e nutrición en Ourense

Profesionais con moitos anos de experiencia

En Clínica Suárez diagnosticamos e tratamos diabetes, alteracións tiroideas e outros problemas hormonais e trastornos metabólicos, cunha abordaxe personalizada.

Como especialista en Endocrinoloxía e Nutrición, o Doutor Suárez dedicouse desde hai décadas a combater a obesidade e desenvolveu un exitoso programa específico para abordar de maneira multidisciplinar os problemas relacionados co sobrepeso e a obesidade nos seus distintos graos, actuando de maneira simultánea a nivel médico, dietético, estético e emocional. Incorpora técnicas, dispositivos e produtos que, unha vez demostrada fidedignamente a súa fiabilidade e seguridade total, son eficaces de verdade para obter a perda de peso que permite ao paciente estar motivado a seguir actuando en favor da súa saúde alimenticia para sempre.

Ademais, coida dos aspectos estéticos que se derivan da perda de peso: flacidez cutánea corporal e facial, celulite, adiposidades localizadas, etc., que adoitan preocupar aos pacientes cando empezan a notar de forma clara a perda deses quilos que sobraban.

Balón intragástrico Elipse

É un extraordinario apoio para axudar á perda de peso rápida en poucos meses, aproveitando a sensación de fartura que produce o dispositivo situado no estómago.

Ao ser un dispositivo inxerible, non require endoscopia nin sedación, o que reduce os riscos de complicacións para os pacientes que se someten a este tipo de tratamentos.

O balón intragástrico ocupará espazo no seu estómago, polo que axudará a que o paciente teña unha sensación de fartura e, por tanto, inxira menos alimentos, o que se traducirá nunha perda de peso (os pacientes que se someteron a este tratamento baixaron unha media de 10 a 15 kg en 16 semanas).

A colocación deste balón intragástrico é moi sinxela xa que o paciente unicamente terá que inxerir unha cápsula que está conectada a un tubo moi fino que se utilizará para encher o balón de líquido. En todo momento, o profesional, a través de radiografías, controlará a correcta colocación do balón intragástrico.

Grazas a este tratamento e as recomendacións do doutor, os nosos pacientes cambiaron de estilo de vida e, por tanto, conseguiron baixar e manter a perda de peso.

Máis info

Dietas de aporte proteico DAP

Teñen indicación concreta, non son aptas para tódolos pacientes. As dietas de achega proteica demostraron ser un gran aliado para a perda de peso de maneira rápida e sen que o paciente padeza a temida sensación de fame e ansiedade.

Son moi adecuadas para perda rápida de peso necesaria previa a intervencións cirúrxicas inminentes e que requiran ao paciente perder peso nun breve espazo de tempo, para minimizar os riscos das anestesias e as intervencións.

Tamén son moi adecuadas para adelgazar rapidamente, por motivos estéticos - eventos sociais en breve espazo de tempo-, ou de prevención de enfermidades asociadas á obesidade, como a diabetes, problemas circulatorios, ou hipercolesterolemia, por exemplo. Son moi útiles para combater a obesidade mórbida en persoas mozas.

Pero é imprescindible que estas dietas sexan elaboradas e seguidas por un médico colexiado e experimentado en dietas DAP.

Ademais, só poden recomendarse se se realizou un previo e exhaustivo estudo do estado de saúde do paciente e cando os resultados da analítica solicitada son os correctos.

Ademais, o paciente debe ser rigorosamente controlado polo médico durante o tempo que permanece en dieta DAP, realizarperiodicamente analíticas de control e establecer un plan de visitas frecuentes a consulta. Só procedendo dese xeito se obteñen resultados óptimos de redución de peso e totalmente seguros para a saúde do paciente.

O Doutor Suárez, como especialista en Endocrinoloxía e Nutrición, leva anos utilizando Dieta de Achega Proteica con excelentes resultados nos seus pacientes. É, así mesmo, formador de médicos en Dieta de Achega Proteica e Micronutrición de Ysonut en Galicia.

Dietista en Ourense
  • Logo de Teoxane
  • Logo de Merz
  • Logo de Skymedic
  • Logo de Reference
  • Logo de Mediderma
  • Logo de Allurion
  • Logo de Ysonut
  • Logo de Therascience
  • Logo de APTOS
  • Logo de Galderma
  • Logo de Lavigor
  • Logo de Naqua
  • Logo de Olyan

Queres máis información sobre os servizos de endocrinoloxía e nutrición de Clínica Suárez?

Se queres coñecer máis detalles sobre os diferentes tratamentos que se enmarcan dentro do servizo de endocrinoloxía e nutrición da nosa clínica en Ourense non dubides en poñerte en contacto.

Contactar

Financiado por la Unión Europea - NextGenerationEU. Sin embargo, los puntos de vista y las opiniones expresadas son únicamente los del autor o autores y no reflejan necesariamente los de la Unión Europea o la Comisión Europea. Ni la Unión Europea ni la Comisión Europea pueden ser consideradas responsables de las mismas.