Medicina Estética Holística
Un dos obxectivos actuais da Medicina Estética é buscar a harmonía do rostro para que esta se traduza nun aspecto saudable e fresco que transmita a beleza natural. Unha beleza acorde coa idade, estilo de vida e personalidade do paciente. De aí a importancia de que todos os tratamentos de Medicina Estética sexan personalizados e realizados por profesionais cualificados e con experiencia.
Na Clínica do doutor Suárez , endocrinólogo e médico estético, non só buscamos encher as engurras, senón que traballamos cunha visión holística da estética facial, buscamos a harmonía e a proporcionalidade. O enfoque integral en Medicina Estética é clave para satisfacer as necesidades dos pacientes. Pero para iso tamén esixe un diagnóstico completo do paciente tras o cal determinar os tratamentos de medicina estética máis axeitados que, mediante sutís correccións, consigan harmonía e beleza natural que evite a artificialidade.
Un rostro é fermoso grazas á simetría e harmonía das súas diferentes partes
Non se trata só de ter ou non ter engurras, calquera tratamento de medicina estética debe ser personalizado, segundo as características, estilo de vida e hábitos de cada persoa. O diagnóstico e avaliación da calidade dos tecidos de cada paciente permite realizar os tratamentos estéticos máis axeitados dirixidos a obter un resultado que consiga o efecto harmónico desexado.
Non dubides en contactar connosco se queres máis información sobre as posibilidades que che ofrecen os tratamentos de medicina estética. Podes chamarnos ao 988 606 814, consultar a nosa páxina web ou, se o prefires, estaremos encantados de aclarar as túas dúbidas nas nosas consultas situadas na rúa Alejandro Outeiriño de Ourense.