Existen diferentes alternativas médico-estéticas para o tratamento da perda do contorno facial, situación normal a medida que envellecemos.
A continuación imos explicar dun xeito claro e sinxelo dous dos tratamentos que ofrecemos na Clínica Suárez e que o doutor Xesús Manuel Suárez leva anos realizando e perfeccionando con moi bos resultados.
- Mesoterapia. É un tratamento para mellorar a calidade da pel. O elemento fundamental deste tratamento é o ácido poliláctico, que actúa mellorando a textura da pel e ten un efecto tensor. Débese inxectar profundamente, masajear varias veces ao día e respectar moito os horarios que indique o médico entre sesións para obter os mellores resultados. Ademais, o ácido poliláctico pódese combinar con fosfato b e ácido hialurónico. Deste xeito acentúase a eficacia deste tratamento, permitindo ver os resultados máis rápido. Deben realizarse varias infiltracións ao longo da zona submandibular do óvalo das meixelas, as áreas transversais aos surcos e na cola das cellas.
- Fíos de tensión. Desta opción de tratamento xa falamos noutro artigo deste blog. O obxectivo é elevar a cola da cella, os pómulos e o arco mandibular mediante a introdución de fíos de tensión. Os fíos de tensión introdúcense a través dunha mínima incisión.
Por suposto, ambos os tratamentos deben ser realizados sempre nun ámbito clínico e por un profesional médico.